CEA DE NADAL 2024


O pasado sábado 14 de decembro, o Cented Academy celebrou a súa tradicional cea de Nadal no Restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo. O evento reuniu a xogadores, pais, persoal técnico e directivos nunha velada chea de compañeirismo e bos momentos. 

Queremos facer unha mención especial aos xogadores do equipo cadete Cented Academy “B” polo seu esforzo, dedicación e espírito de equipo ao longo da tempada. 

Dende aquí, desexamos a todos unhas felices festas, un próspero 2025 e, por suposto, moitas vitorias no vindeiro ano!

* Más fotos a aquí 












Comentarios

Entradas populares