CENTED ACADEMY “B” - ED CALASANCIO CF (4-3)
Onte xoves santo, día 17 de abril, celebrouse no Campo de O Xeixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, o encontro correspondente á undécima xornada da 2ª fase do grupo A2 na categoría Cadete 2ª Futgal, entre o Cented Academy “B” e o ED Calasancio CF.
O partido comezou cun Cented decidido, que se adiantou no marcador no minuto 9 cun gol de Wellingston Dariel Ercicia Yucra (1-0). A resposta do Calasancio chegou no 18’, cando Jaime José Guzmán Ceballos igualou o encontro (1-1). No minuto 27, Matias Alessandro Paye Pérez puxo por diante ao conxunto visitante (1-2), e no 35’ Chengcheng Fu ampliou a vantaxe (1-3).
Xa na segunda parte, o Cented reaccionou con forza. Ruben Babarro Fernández marcou no minuto 39 (2-3) e un minuto despois, Lucas Quintas García estableceu o empate (3-3). A remontada completouse no minuto 61, cun tanto decisivo de Mauro Méndez Lorenzo (4-3).
Partido onde o Cented demostrou orgullo e ganas de gañar un partido que se torceu na primeira parte. Un equipo, o Cented, que afrontou o encontro con multitude de baixas.
O próximo partido será en Verín, fronte a, quizais, o mellor equipo ao que se enfrontou .
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’
- 1 Roi Iglesias Martín
- 4 Pablo Bernardez Leites
- 5 Manuel Rodríguez Bermejo (C)
- 7 Lucas Quintas García
- 14 Walid Elmansouri
- 15 Rubén Babarro Fernández
- 16 Raúl Vázquez Peña
- 18 Eder Rodríguez Pérez
- 19 Mauro Méndez Lorenzo
- 20 Dariel Wellingston Ercicia Yucra
- 22 Hugo Martínez Blanco
Substitucións
- Nauzet Machin Rodriguez por Miguel Angel Gonzalez Salgado (58')



Comentarios
Publicar un comentario