CENTED ACADEMY "B" - ACD POLIGONO SAN CIPRIAN (1-5)
Hoxe sábado 27 de setembro de 2025, ás 12:00 horas, disputouse no campo de O Xeixo (Santa Cruz Arrabaldo) o encontro correspondente á 3ª xornada da 2ª División Cadete da FGF (Ourense, Grupo 2), que enfrontou ao Cénted Academy “B” e ao A.C.D. Polígono San Ciprián.
O partido comezou cunha primeira parte marcada pola alternancia. O Polígono buscaba a posesión e a circulación fluída, mentres que o Cénted trataba de impoñerse a través da súa potencia física, especialmente nas disputas. Esa igualdade mantívose ata o descanso, cando o marcador aínda reflicte un 1-1, grazas ao gol de Marcos Álvarez Núñez no minuto 38’, tras un contraataque ben conducido, que empatou o tanto inicial de Unai Espinosa Borrajo para o Polígono.
O inicio da segunda metade resultou demoledor para o Cénted. Nos primeiros minutos do segundo tempo, o Polígono aproveitou os dous primeiros tiros a porta: no 41’ e no 44’, Diego Carballo Zaragoza marcou dous goles case consecutivos, aumentando a vantaxe visitante e deixando o encontro practicamente decidido.
Por se fose pouco, no 51’ produciuse a expulsión de Juan Corral La Banca, unha acción que condicionou totalmente a posibilidade de reacción do Cénted. Xogar en inferioridade, sumado á ansiedade por intentar recortar distancias, fixo que o equipo local se mostrara máis impreciso e que perdera a orde táctica. As substitucións deron aire fresco, pero resultaron insuficientes ante un rival que xa dominaba con comodidade.
O resultado final, Cénted Academy “B” 1 – 5 Polígono San Ciprián, reflicte con claridade o que foi a segunda metade, na que o conxunto visitante estivo moi acertado e o local non soubo atopar resposta. O equilibrio que se viu no primeiro tempo desapareceu por completo na segunda metade. Os xogadores do Cénted, nerviosos e algo perdidos tras encaixar dous goles consecutivos e sufrir a expulsión, non souberon reaccionar. Viuse certa ansiedade que acabou derivando en descontrol e nunha perda da predisposición competitiva, deixando claro que a diferenza no marcador non era só cuestión de acerto, senón tamén de confianza e orde sobre o terreo de xogo.
Pese á derrota, é importante animar a todos os xogadores. Trátase dun equipo en formación, con marxe de mellora, e todas estas situacións servirán de aprendizaxe. A base de adestramentos e co paso dos partidos, estes erros iranse corrixindo, e seguro que o Cénted poderá competir mellor e con máis estabilidade nas vindeiras xornadas.
Cómpre destacar a actuación do dorsal 14 do Polígono, Xián Pérez Casares, que asinou un encontro brillante, amosando talento, visión de xogo e capacidade de desborde. Foi sen dúbida un dos protagonistas do partido e un xogador a seguir de preto.
Goleadores do partido:
- 0-1 Unai Espinosa Borrajo (29')
- 1-1 Marcos Alvarez Nuñez (38')
- 1-2 Diego Carballo Zaragoza (41')
- 1-3 Diego Carballo Zaragoza (44')
- 1-4 Gabriel Prol Ferro (63')
- 1-5 Daniel Cid Gonçalvez (73')
- 3. Iker Faílde Cutillas
- 5. Nauzet Machín Rodríguez
- 8. Iker Vázquez Montero
- 9. Juan Corral La Banca
- 11. Eder Rodríguez Pérez
- 13. Gabriel Rodríguez Mateo (PT)
- 19. Omar Lekhili Radimi
- 21. Manuel Rodríguez Bermejo (C)
- 23. Wellingston Dariel Ercicia Yucra
- 26. Ibrahym de Jesús Flores Azrak
- 28. Marcos Álvarez Núñez
Substitucións
- 41’ – Entra Hugo Martínez Blanco, sae Nauzet Machín Rodríguez
- 41’ – Entra Roi Iglesias Martín, sae Gabriel Rodríguez Mateo (PT)
- 41’ – Entra Yael Seijo Pérez, sae Wellingston Dariel Ercicia Yucra
- 53’ – Entra Miguel Ángel González Salgado, sae Marcos Álvarez Núñez
- 53’ – Entra Álvaro Rosales Ferreiro, sae Omar Lekhili Radimi













































Comentarios
Publicar un comentario