CENTED ACADEMY “B” - A.D. BOSCO "B" (4-1)



Na terceira xornada da liga Cadete 2ª FUTGAL Ourense, o Cented Academy “B” impúxose con claridade ao A.D. Bosco “B” por 4-1 no campo de O Xeixo. Os locais dominaron o partido dende o comezo, aínda que lles custou romper a férrea defensa visitante.

O Bosco presentou un plantexamento claramente defensivo, coas liñas moi xuntas e pechadas, replegándose constantemente e agardando por algunha saída rápida que puidese facer dano ao equipo local. Este esquema obrigou o Cented a recorrer frecuentemente a balóns longos, en especial a través de Rubén Babarro e Pablo Bernárdez, que ademais mostraron seguridade na defensa.

Primeira metade: erros e oportunidades

A pesar de que o Cented dominaba a posesión, a defensa do Bosco foi un muro difícil de superar durante boa parte da primeira metade. O primeiro gol chegou de xeito inesperado no minuto 29. Un balón parado a favor do Cented golpeou no longueiro e rebotou no porteiro visitante, Matías Domínguez, que marcou en propia porta. Aínda que este tanto parecía abrir o camiño, o Bosco reaccionou rapidamente. Só cinco minutos despois, Daniel Fuentefría Fernández empatou o partido tras unha excelente xogada pola banda dereita e un centro raso que culminou cun gran remate.

Antes de finalizar a primeira metade, no minuto 38, o Cented viuse obrigado a realizar un cambio forzado. Alejandro Martínez Mosquera tivo que abandonar o campo debido a unhas molestias no aductor, sendo substituído por Raúl Vázquez Peña. Este contratempo non pareceu afectar o esquema do Cented, pero o marcador mantívose 1-1 ata o descanso, deixando todo por decidir na segunda metade.

Segunda metade: dominio e goles do Cented

A segunda metade foi completamente distinta. O Cented saíu decidido a resolver o partido e, pronto, no minuto 44, Iker Ribao Pérez marcou de cabeza tras un rebote no longueiro, poñendo o 2-1 e dándolle tranquilidade ao equipo local.

A partir deste momento, o dominio do Cented foi absoluto. No minuto 57, Álvaro Martínez Vázquez aproveitou unha pequena melé na área pequena para rematar no segundo pau e anotar o 3-1, ampliando a vantaxe do seu equipo.

O gol definitivo chegou no minuto 70, froito de, quizais, a mellor xogada combinativa do partido. A acción partiu das botas de Mauro Méndez, quen orquestrou unha gran secuencia de pases que culminou con Walid Elmansouri anotando o 4-1. Unha mostra da calidade colectiva do equipo.

Alineación do Cented Academy “B”
  • 1 - Manuel Álvarez Iglesias
  • 2 - Rubén Babarro Fernández
  • 6 - Iker Ribao Pérez
  • 8 - Mauro Méndez Lorenzo
  • 10 - Hugo Martínez Blanco
  • 14 - Walid Elmansouri
  • 18 - Pablo Bernárdez Leites
  • 22 - Mateo Fernández González
  • 32 - Manuel Rodríguez Bermejo
  • 33 - Alejandro Martínez Mosquera
  • 34 - Lucas Quintas García
Sustitucións:

38’ - Raúl Vázquez Peña / Alejandro Martínez Mosquera (por molestias no aductor)
41’ - Roi Iglesias Martín / Manuel Álvarez Iglesias
50’ - Iler García López / Hugo Martínez Blanco
50’ - Álvaro Martínez Vázquez / Manuel Rodríguez Bermejo
66’ - Miguel Ángel González Salgado / Mateo Fernández González

Xogador do encontro: Rubén Babarro Fernández

O defensor Rubén Babarro Fernández foi elixido como o xogador do partido pola súa excelente labor defensiva, o seu carácter e liderado no campo. Os seus balóns en longo e a boa colocación tanto súa coma dos seus compañeiros na zaga foron claves para asegurar a vitoria.

Posición na táboa e próximo encontro

Con este resultado, o Cented Academy “B” sitúase na quinta posición da táboa, empatado a puntos co EDC Barbadas “B”, cuarto clasificado. Lembramos que os catro primeiros, xunto co mellor quinto, pasarán ao grupo que loitará polo campionato. O equipo enfrontarase na próxima xornada ao CD Allariz no campo de O Seixo-Luis Carriega o vindeiro sábado, onde buscarán seguir escalando posicións.





















































































Comentarios

Entradas populares