CECD MACEDA - CENTED ACADEMY "B" (4-0)


Onte tipo lugar o encontro, correspondente á décima xornada do grupo 3 da 1ª fase da 2ª Cadete Futgal Ourense, disputouse no campo Cardenal Quiroga de Maceda. Nunha tarde soleada, o CDEC Maceda impúxose con claridade ao Cented Academy “B” cun marcador final de 4-0.

Na primeira metade, non a pueden ver, do partido concluíu cun gol en contra do Cented Academy “B”. O xogo destacou pola boa colocación dos xogadores do CDEC Maceda, que controlaron os tempos do partido con solvencia. Mentres tanto, o Cented tivo dificultades para xerar ocasións claras, sendo os seus achegamentos limitados.

No segundo tempo, o dominio seguiu sendo claramente do equipo local. As poucas oportunidades do Cented Academy “B” viñeron dun achegamento de Mauro e un tiro de falta de Pablo, pero non conseguiron transformar estas accións en goles. Durante esta metade, destacáronse varios aspectos negativos no xogo do Cented: unha escasa circulación do balón, un uso excesivo de balóns longos e o desaproveitamento dos extremos, Walid e Joel, que non lograron explotar a súa rapidez. Ademais, o equipo amosou unha feble capacidade no mediocampo.

Os goles do segundo tempo confirmaron a superioridade do Maceda, que sentenciou o encontro con solvencia.

E agora qué?

Con esta derrota, o Cented Academy “B” enfróntase agora ao reto máis importante da temporada: tres partidos nos que se xogará todo para manter vivas as opcións de clasificación. É certo que a situación non é sinxela, pero tampouco está fóra do noso alcance. Verín, A Peroxa, Xinzo e Barbadás son os rivais directos que tamén loitan pola quinta praza, pero depender de nós mesmos é o único que importa agora.

Estes tres partidos deben ser un exemplo de orgullo, compromiso e ganas de demostrar o que realmente somos capaces de facer. Por que non crer no talento que temos? Xa vimos do que este equipo é capaz en momentos clave, como no partido contra o Rayo 21. Agora é o momento de recuperar esa actitude, de facer que cada xogador se deixe a pel en cada balón, de recordar que o fútbol é colectivo e que todos somos imprescindibles.

Non é o momento de baixar os brazos, é o momento de levantarse e demostrar. Temos o talento, temos o equipo, e sobre todo temos as gañas. O que pase nestes tres partidos dependerá exclusivamente de vós. Querédesvos quedar coa sensación de que podiades dar máis ou saír a comer o campo e loitar ata o final?
 
Non hai escusas. O desafío está sobre a mesa. Agora tócalle a cada un de vós decidir cómo queredes que acabe esta primeira fase. Veña, ánimo!!!


Goleadores do partido
  • 1-0 - Mario Prol Garrido (5')
  • 2-0 - Manuel Suarez Salgado (50')
  • 3-0 - Miguel Seara Alvarez (64')
  • 4-0 - Miguel Seara Alvarez (8'')
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’
  • 1 Roi Iglesias Martín
  • 3 Alejandro Martínez Mosquera
  • 4 Pablo Bernarda Leites
  • 7 Lucas Quintas García
  • 8 Álvaro Martínez López
  • 10 Iker Ribao Pérez
  • 15 Joel Estévez Yáñez
  • 16 Raúl Vázquez Peña
  • 19 Mauro Méndez Lorenzo
  • 21 Iker Garcia Lopez
Substitucións
  • Alejandro Rodriguez Chulia por Iker Ribas Pérez (50')
  • Manuel Rodriguez Bermejo por Álvaro Martínez López (50')
  • Mateo Fernandez Gonzalez por Raul Vazquez Peña (59')
  • Hugo Martínez Blanco por Alejandro Martínez Mosquera (59')
  • Eder Rodriguez Pérez por Lucas Quintas García (70')





































































































Comentarios

Entradas populares