CENTED ACADEMY “B” - CDC PEREIRO AGUIAR (3-0)




Mañá nubrada, humeda pero non fría de futbol. Mañá do Día da Constitución, o campo de O Xeixo (Santa Cruz de Arrabaldo) foi testemuña do enfrontamento da eliminatoria de Copa Deputación entre o Cented Academy "B" e o CDC Pereiro Aguiar. O asubío inicial ás 10:00 H deu paso a un partido que terminou cun claro 3-0 a favor do Cented, reflectindo a superioridade dos locais durante os 80 minutos.

Desde o inicio, o Cented Academy "B" tomou as rendas do encontro. Apenas transcorreran 7 minutos cando Manuel Rodríguez Bermejo abriu o marcador cun perfecto remate de cabeza tras un córner executado por Lucas Quintas. Un gol que marcou o ton do partido: precisión e claridade nas accións ofensivas do Cented.

Tan só 4 minutos despois, no 11', Joel Estévez Yáñez ampliou a vantaxe cunha xogada de velocidade, tipica do dianteiro local. O Cented mostrouse confiado, manexando os tempos e movendo o balón con criterio desde atrás, incluso involucrando ao porteiro na construción do xogo.

O broche de ouro da primeira parte chegou no minuto 28, obra de Lucas Quintas García. Nun alarde de habilidade individual, Lucas sorteou a cuantos rivais tentaron detelo, internándose desde o costado esquerdo ata culminar cun remate que deixou sen opcións ao porteiro visitante. Un golazo que puxo o definitivo 3-0 no marcador antes do descanso.

Na segunda metade, o CDC Pereiro Aguiar tentou reaccionar, pero os seus esforzos foron neutralizados por un Cented moi sólido na posesión. Os locais ofreceron momentos de fútbol elaborado, sacando o balón xogado desde a súa área con paciencia e criterio, dominando completamente o ritmo do partido.

Con todo, se hai algo a mellorar no xogo do Cented é a intensidade defensiva, que nalgúns momentos do partido pareceu relaxarse demasiado, permitindo ao Pereiro Aguiar achegarse timidamente á portería local, aínda que sen xerar perigo real.

O Cented Academy "B" mostrou un rendemento convincente, deixando grandes escintileos de bo fútbol e control absoluto do xogo. A vitoria dálles o pase á seguinte eliminatoria de Cópa Deputación, cunha actuación que deixa unha mensaxe clara: este equipo ten potencial, pero aínda pode crecer en aspectos como a agresividade defensiva e a concentración durante os 80 minutos de partido.

Polo demais, un gran partido que brindou alegrías aos seus seguidores e que sen dúbida pon ao Cented "B" no camiño correcto para futuros compromisos.


Goleadores do partido
  • 1-0 - Manuel Rodríguez Bermejo (7')
  • 2-0 - Joel Estévez Yáñez (11')
  • 3-0 - Lucas Quintas García (28')
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’
  • 4 Pablo Bernardez Leites
  • 5 Manuel Rodríguez Bermejo (C)
  • 7 Lucas Quintas García
  • 9 Mateo Fernández Gonzalez
  • 13 Manuel Alvarez Iglesias (PT)
  • 14 Walid Wlmansouri
  • 15 Joel Estévez Yáñez
  • 16 Raúl Vázquez Peña
  • 19 Mauro Méndez Lorenzo
  • 21 Iker Garcia Lopez
  • 22 Hugo Martínez Blanco
Substitucións
  • Roi Iglesias Martin por Manuel Alvarez Iglesias (41')
  • Marcos Alvarez Nuñez por Walid Wlmansouri (41')
  • Alejandro Martínez Mosquera por Iker Garcia Lopez (60')
  • Miguel Angel Gonzalez Salgado por Hugo Martinez Blanco (60')
  • Nauzet Machin Rodriguez por Lucas Quintas García (60')









































Comentarios

Entradas populares