CENTED ACADEMY "B" - A PEROXA CF (3-3)
Na mañá deste pasado sábado 30 de novembro, no campo de O Xeixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, disputouse un disputado encontro correspondente á xornada 11 do grupo 2 da 1ª fase da 2ª Cadete Futgal Ourense. O partido entre o Cented Academy “B” e o A Peroxa CF rematou cun xusto empate a 3-3 tras 80 minutos de entrega total por parte de ambos equipos.
O encontro comezou cun claro dominio do equipo visitante, que conseguiu adiantarse no marcador de forma rápida. Así, aos 10 minutos, Mateo Yglesias Dorch anotou o primeiro gol para A Peroxa CF, e tan só cinco minutos despois, Gael Hermida Fernández ampliou a vantaxe, deixando o marcador nun 0-2.
Lonxe de renderse, os xogadores locais do Cented Academy reaccionaron con carácter. Aos 21 minutos, Iago González Gómez recurtou distancias, e antes de que finalizase a primeira metade, no minuto 29, Joel Estévez Yáñez igualou o marcador, poñendo o 2-2 e devolvendo a emoción ao partido. Incluso antes deste empate, o equipo local tivo claras oportunidades, incluíndo balóns ao traveseiro da portería visitante.
Na segunda metade, o partido mantivo un nivel de intensidade e igualdade similar ao da primeira parte. No minuto 76, A Peroxa volveu tomar vantaxe no marcador grazas a un gol de Xurxo Vila González, pero a reacción local foi inmediata. Cando parecía que o equipo visitante ía levarse os tres puntos, no minuto 79, Marcos Álvarez Núñez marcou o gol do empate definitivo, establecendo o 3-3 final.
O resultado reflicte fielmente o acontecido no campo. Ningún dos equipos fixo máis méritos que o outro para levarse a vitoria, demostrando que ambos loitaron ata o último minuto. Non obstante, de cara aos próximos encontros, sería importante que o equipo local aspire a xogar con máis calma, tocando o balón con paciencia, buscando as bandas e aproveitando a velocidade tanto de Walid como de Joel para desequilibrar. Ademais, gañar algo máis de picardía nas disputas polo balón pode marcar a diferenza en partidos tan igualados coma este.
Con este empate, quedan tan só dous partidos para o remate da primeira fase, e as opcións de clasificación para meterse no grupo que loitará polo campionato son cada vez máis complicadas. Aínda así, o equipo ten que manter viva a esperanza, confiando en loitar ata que as matemáticas digan o contrario.
No próximo partido, en Verín, como dixo Nadal na final de Wimbledon de 2008: “Federer poderá gañarme, pero eu non vou perder”. Pois iso: o Verín poderá gañarnos, pero nós non poderemos perder. Ánimo!
- 0-1 - Mateo Yglesias Dorch (10')
- 0-2 - Gael Hermida Fernandez (15')
- 1-2 - Iago Gonzalez Gómez (21')
- 2-2 - Joel Estevez Yañez (29')
- 2-3 - Xurxo Vila Gonzalez (76')
- 3-3 - Marcos Alvarez Nuñez (79')
- 3 Alejandro Martínez Mosquera
- 5 Iago Gonzalez Gómez
- 7 Lucas Quintas García
- 8 Álvaro Martínez López (C)
- 9 Mateo Fernández Gonzalez
- 13 Gabriel Rodríguez Mateo (PT)
- 14 Walid Wlmansouri
- 15 Joel Estévez Yáñez
- 16 Raúl Vázquez Peña
- 19 Mauro Méndez Lorenzo
- 21 Iker Garcia Lopez


























































































































































































Comentarios
Publicar un comentario