CENTED ACADEMY "B - EDC VERIN (0-4)


O partido correspondente á terceira xornada da categoría Cadete 2ª Futgal (2ª Fase, Grupo A2) disputouse no campo de O Xeixo de Santa Cruz de Arrabaldo e rematou cunha clara vitoria do EDC Verín por 0-4. O equipo visitante reafirma así a súa posición como líder indiscutible desta segunda fase.

Desde o asubío inicial, o EDC Verín impuxo o seu ritmo e deixouno patente no marcador moi pronto. No minuto 4, Alejandro Aquirre Pedrosa abriu a lata, seguido dun gol de Hugo Rodríguez Fuentes no minuto 11. O Cented Academy 'B' sufriu especialmente nos primeiros vinte minutos, onde se fixeron evidentes as súa dificultades defensivas.

No minuto 24, Ismael Laghmari Derdani ampliou a vantaxe para o EDC Verín, complicando aínda máis o partido para os locais. Para maior infortunio do Cented, Mateo Fernández González sufriu unha lesión no minuto 31 (afortunadamente sen gravidade), o que obrigou ao técnico a modificar o esquema. Con Alejandro Martínez Mosquera no campo, o equipo pasou a un 4-4-2, situando a Hugo máis arriba xunto a Alejandro Rodríguez Chulia. Con esta nova disposición, o Cented mellorou en consistencia e comezou a xerar ocasions claras. Iker tivo ata tres oportunidades, incluíndo un penalti fallado, ademais de Lucas, Mateo e Alejandro Rodríguez.

Xa na segunda metade, o EDC Verín mantivo o control do xogo e certificou a goleada no minuto 69 cun tanto de Daniel López Alves, que pechou o marcador en 0-4.

Agora, o Cented Academy 'B' xa pensa no seu próximo compromiso ante o EDC Barbadas "B", un rival directo que actualmente está un punto por riba na clasificación. Un partido crucial para intentar reverter a situación e recuperar sensacións.

Goleadores do partido

  • 0-1 - Alejandro Aquirre Pedrosa (4')
  • 0-2 - Hugo Rodríguez Fuentes (11')
  • 0-3 - Ismael laghmari Derdani (24')
  • 0-4 - Daniel Lopez Alves (69')
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’
  • 5 Manuel Rodriguez Bermejo (C)
  • 7 Lucas Quintas García
  • 8 Alvaro Martínez Vazquez (C)
  • 9 Mateo Fernandez Gonzalez
  • 10 Iker Ribao Pérez
  • 13 Manuel Alvarez Iglesias (Portero)
  • 14 Walid Wlmansouri
  • 15 Iago Gonzalez Gómez
  • 16 Raúl Vázquez Peña
  • 19 Mauro Méndez Lorenzo
  • 22 Hugo Martínez Blanco
  • 36 Alejandro Rodriguez Chulia
Substitucións
  • Alejandro Martínez Mosquera por Mateo Fernandez Gonzalez (31')
  • Marcos Alvarez Nuñez por Lucas Quintas García (72')
  • Roi Iglesias Martin por Manuel Alvarez Iglesias  (72')
  • Eder Rodriguez Perez por Hugo Martinez Blanco (72')
  • Wellington Dariel Ercicia Yucra por Alejandro Rodriguez Chulia (72')
















































































































Comentarios

Entradas populares