CD ARENTEIRO "B" - CENTED ACADEMY "B" (4-2)


O pasado sábado 5 de abril celebrouse no Campo da Uceira, en O Carballiño, o encontro correspondente á décima xornada da 2ª fase do grupo A2 na categoría Cadete 2ª Futgal. O partido comezou cun Cented decidido e arrollador, que en só 15 minutos logrou poñerse por diante no marcador con dous goles.

No minuto 1, Miguel Ángel González Salgado inaugurou o marcador tras unha boa xogada de ataque. Pouco despois, no 15’, o capitán Manuel Rodríguez Bermejo ampliou a vantaxe cunha maxistral falta directa que se coou na portería rival.

Porén, o paso dos minutos trouxo consigo un cambio de rumbo no encontro. O dominio local fíxose cada vez máis evidente, aproveitando o baixón físico do Cented e a falta de recambios no banco. Así, no minuto 23, Anxo Xosé González Álvarez recurtou distancias para o equipo local. Xa na segunda metade, Cristian Joaquín García (55'), Justin Regueira Prado (71') e Alejandro Álvarez Alonso (74') completaron a remontada, deixando o marcador nun 4-2 final que deixa ao Cented sen premio malia o gran esforzo inicial.

A vindeira semana non haberá partido debido a unha excursión por terras castelás. O próximo compromiso será o xoves santo, ante o ED Calasancio CF, último clasificado, pero que seguramente porá en apuros ao noso equipo, especialmente tendo en conta o cansazo acumulado polo desprazamento.

Goleadores do partido

  • 0-1 Miguel Angel Gonzalez Salgado (1')
  • 0-2 Manuel Rodríguez Bermejo (15')
  • 1-2 Anxo Xose Gonzalez Alvarez (23')
  • 2-2 Cristian Joaquin Garcia (55')
  • 3-2 Justin Regueira Prado (71')
  • 4-2 Alejandro Alvarez Alonso (74')
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’
  • 1 Roi Iglesias Martín
  • 5 Manuel Rodríguez Bermejo (C)
  • 6 Miguel Angel Gonzalez Salgado
  • 7 Lucas Quintas García
  • 8 Álvaro Martínez Vázquez 
  • 14 Walid Elmansouri
  • 15 Alejandro Rodríguez Chulia
  • 16 Raúl Vázquez Peña
  • 19 Mauro Méndez Lorenzo
  • 20 Wellingston Dariel Ercicia Yucra
  • 22 Hugo Martínez Blanco
Substitucións
  • Nauzet Machin Rodriguez por Miguel Angel Gonzalez Salgado (58')





























































Comentarios

Entradas populares