CD LA PURISIMA “B” - CENTED ACADEMY “B” (4-0)

 

Na tarde do sábado 10 de maio, no Campo do Colexio Salesianos de Ourense, disputouse o encontro correspondente á decimocuarta xornada da 2ª fase do Grupo A2 da categoría Cadete 2ª Futgal, entre os equipos do CD La Purísima “B” e o Cented Academy “B”, cun resultado final de 4-0favorable ao conxunto local.

O partido estivo claramente marcado pola maior intensidade, mellor colocación no campo e superioridade física do equipo da Purísima, que dominou o encontro de principio a fin. Xa no minuto 5, Juan Rodríguez Rodríguez inauguraba o marcador tras unha acción mal defendida polos visitantes.

O Cented, que continúa inmerso nunha dinámica negativa de resultados, non conseguiu atopar resposta nin ritmo ao longo do partido. A falta de intensidade e orde foi evidente, e iso aproveitouno La Purísima para ampliar a vantaxe. No minuto 36, David Rodríguez López facía o 2-0 cun disparo lonxano que sorprendeu ao gardameta.

Na reanudación, repetíronse os mesmos erros: pouca reacción por parte do Cented e superioridade constante dos locais. No minuto 49, Juan Rodríguez Rodríguez anotaba o terceiro, e xa no 71’, un autogol de Álvaro Martínez Vázquez pechaba o marcador cun contundente 4-0.

A falta de frescura física e mental do Cented fíxose notar, algo comprensible á altura na que estamos de tempada. O equipo acusou a acumulación de partidos e a sucesión de resultados adversos, e iso reflectiuse sobre o terreo de xogo.

O domingo recibimos ao Rayo 21 CF “B”

Goleadores do partido
  • 1-0 Juan Rodríguez Rodríguez (5’)
  • 2-0 David Rodríguez López (36’)
  • 3-0 Juan Rodríguez Rodríguez (49’)
  • 4-0 Álvaro Martínez Vázquez (71’) (PP)
Aliñación titular do Cented Academy ‘B’

  • 1 Roi Iglesias Martín
  • 3 Alejandro Martínez Mosquera
  • 5 Manuel Rodríguez Bermejo (C)
  • 7 Lucas Quintas García
  • 8 Álvaro Martínez Vázquez
  • 14 Walid Elmansouri
  • 15 Alejandro Rodriguez Chulia
  • 16 Raúl Vázquez Peña 
  • 19 Mauro Méndez Lorenzo
  • 20 Wellington Dariel Ercicia Yucra 
  • 22 Hugo Martínez Blanco 
Substitucións
  • Miguel Ángel González Salgado por Lucas Quintas García (67')
  • Eder Rodríguez Pérez por Manuel Rodríguez Bermejo


























Comentarios

Entradas populares