CENTED ACADEMY "B" - EDC BARBADAS "B" (0-3)
Sábado, día 3 de maio, celebrouse no Campo de O Xeixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, o encontro correspondente á décimoterceira xornada da 2ª fase do grupo A2 na categoría Cadete 2ª Futgal, entre o Cented Academy “B” e o ED Barbadás "B".
O partido estivo completamente dominado polo Barbadás. O marcador abriuse moi cedo: no minuto 10, Samuel Pereira Heras anotou o 0-1. Apenas tres minutos despois, no 13’, Ismael Montes Villar fixo o 0-2. Xa na segunda metade, no minuto 36, Izan Rodríguez Fernández puxo o 0-3 definitivo.
O Cented Academy non plantexou nin disputou o partido en ningún momento. O equipo mostra carencias claras, quizais debido á baixa de efectivos así como á redución de días de adestramento, algo que se nota claramente no campo: pouca disposición, pouca tensión competitiva. Unha mágoa, pois creo que hai mimbres para poder mostrar unha mellor imaxe e lograr mellores resultados.
O próximo sábado tócalles xogar no campo dos Salesianos, fronte a La Purísima. A ver.
Goleadores do partido
- 0-1Samuel Pereira Heras (10')
- 0-2 Ismael Montes Villar (13')
- 0-3 Izan Rodriguez Fernandez (36')
- 1 Roi Iglesias Martín
- 3 Alejandro Martínez Mosquera
- 4 Pablo Bernardez Leites
- 5 Manuel Rodríguez Bermejo (C)
- 6 Miguel Angel Gonzalez Salgado
- 7 Lucas Quintas García
- 14 Walid Elmansouri
- 15 Alejandro Rodriguez Chulia
- 18 Eder Rodrituez Pérez
- 19 Mauro Méndez Lorenzo
- 22 Hugo Martínez Blanco





























































Comentarios
Publicar un comentario