OURENSE DF SAD "B" - CENTED ACADEMY "B" (3-0)
O encontro correspondente á cuarta xornada da Liga de Cadetes – 2ª FUTGAL Ourense (Grupo 2º) enfrontou ao Cented co líder da categoría, o Ourense CF, no Campo de Oira. O partido, disputado o sábado 4 de outubro ás 10:00 horas, saldouse cunha vitoria local por 3-0, nun duelo no que o marcador non reflectiu de todo a evolución amosada polo conxunto visitante.
O Cented, que ata o momento só conseguira un empate na competición, presentouse cunha actitude máis ordenada e cunha proposta máis valente ca noutras xornadas. Dende o inicio, o equipo local levou a iniciativa, pero os visitantes lograron manter o tipo e mover o balón con máis criterio, abrindo o xogo polas bandas e intentando construír dende atrás.
O primeiro tanto chegou no minuto 19, cando Adrián López Gómez asinou o 1-0 tras unha boa acción combinativa. A pesar do golpe, o Cented mantivo a compostura e continuou tentando saír co balón xogado, apoiado no bo traballo de Salah e Hugo, quen achegaron criterio no centro do campo e axudaron a dar equilibrio ao equipo. Porén, o seu desgaste físico foi notorio co paso dos minutos, e o seu rendemento e achega foron minguando.
Na segunda metade, o esforzo acumulado comezou a pasar factura, e o equipo local aproveitouno para ampliar a vantaxe. No minuto 55, Mauro Pereiro Rodríguez marcou o 2-0, e xa no treito final, no 75’, Añel Fernández Candelas puxo o 3-0 definitivo, pechando un partido no que o líder volveu amosar a súa solidez.
Máis aló do resultado, o Cented deixou unha sensación diferente: viuse un equipo máis concentrado, con maior intención de xogar ao fútbol e de manter a calma ante a presión rival. Aínda falta confianza, contundencia e continuidade, pero o grupo amosou signos evidentes de crecemento.
A marxe de mellora segue a ser ampla e, se o equipo mantén esta liña de traballo e actitude —e todos se implican no esforzo semanal—, os resultados chegarán máis cedo ca tarde. Estou seguro diso.
Noraboa ao Ourense CF pola súa vitoria e polo bo partido realizado.
Goleadores do partido:
- 1-0 Adrián López Gómez (19')
- 2-0 Mauro Pereiro Rodríguez (55')
- 3-0 Añel Fernández Candelas (75')
- 1 Roi Iglesias Martin (PT)
- 3. Iker Faílde Cutillas
- 4. Iker Vazquez Montero (C)
- 6. Hugo Martínez Blanco
- 7. Wellingston Dariel Ercicia Yucra
- 10. Salah El Kasmi Abbouzi
- 11. Marcos Álvarez Núñez
- 12. Nauzet Machín Rodríguez
- 17. Alvaro Rosales Ferreiro
- 18. Eder Rodríguez Pérez
- 20. Ibrahym de Jesus Flores Azrak
Substitucións
- 41’ – Entra Gabriel Rodríguez Mateo, sae Roi Iglesias Martín, (PT)
- 47’ – Entra Diego Vallejo Fernande, sae Hugo Martínez Blanco
- 47’ – Entra Omar Lekhili Radimi, sae Nauzet Machín Rodríguez
- 57’ – Entra Miguel Angel Gonzalez Salgado, sae Alvaro Rosales Ferreiro
- 57' – Entra Rodrigo Carames Carballo, sae Wellingston Dariel Ercicia Yucra



















































Comentarios
Publicar un comentario